Baroña acolle unha xornada formativa sobre o castiñeiro de froito o martes 24 de marzo

19 Marzo 2026

A localidade de Baroña, no concello de Porto do Son, será escenario o vindeiro martes 24 de marzo dunha xornada dedicada ao castiñeiro de froito, organizada pola Comunidade de Montes local en colaboración coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.

A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 13:00 horas no local situado no lugar de Campanario, número 20. A sesión comezará cunha introdución teórica centrada na planificación e creación de soutos orientados á produción de castaña.

Posteriormente, os participantes desprazaranse ao monte para asistir a unha parte práctica, na que se abordarán sobre o terreo diferentes técnicas de poda e formación dos castiñeiros, co obxectivo de mellorar a súa produtividade e estado sanitario.

Desde a organización animan á veciñanza e ás persoas interesadas no sector forestal e agrícola a participar nesta iniciativa formativa, que busca promover o aproveitamento sostible dos soutos tradicionais.

As persoas interesadas en asistir poden obter máis información e inscribirse a través do teléfono 679 15 68 55. Para consultas adicionais ou entrevistas, a organización tamén está dispoñible nos números 606 41 73 73 e 661 95 22 89, así como no correo electrónico

castanasesoutos@gmail.com

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.