As Rías Baixas e Santiago gañarán claros na tarde do sábado coa chegada progresiva do anticiclón

06 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago vivirán este sábado unha xornada de transición cara a un tempo máis estable pola progresiva influencia anticiclónica en Galicia.

A mañá comezará con ceos maiormente cubertos en boa parte do territorio, aínda que as precipitacións serán pouco probables nestas zonas do suroeste galego. As chuvias febles quedarán máis restrinxidas ao norte e leste da comunidade e tenderán a retirarse co avance das horas.

Co paso da mañá a situación irá mellorando e, xa pola tarde, espérase unha clara tendencia á estabilidade. Nas Rías Baixas, así como na contorna de Santiago, o tempo será en xeral seco e abriranse claros, especialmente en puntos do sur da comunidade, deixando intervalos de nubes e sol.

No apartado térmico, as temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos respecto ás rexistradas nas últimas xornadas. Pola contra, as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, facendo que a tarde resulte algo máis agradable.

En canto ao vento, soprará de compoñente nordés. No interior será en xeral frouxo, mentres que no litoral das Rías Baixas poderá presentar intervalos de moderado ao longo do día.

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 4 a 5 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.