As obras da rúa Real de Muros avanzan a moi bo ritmo e non afectarán ás procesións de Semana Santa

25 Marzo 2026

As obras de humanización e renovación dos servizos públicos da rúa Real de Muros avanzan a moi bo ritmo e xa están na súa última fase, segundo confirmou este mércores 25 de marzo o equipo do Goberno local.

As concelleiras de Obras e Servizos e de Seguridade Cidadá, Laura Rivadeneira e Sandra Maneiro, visitaron as obras xunto ao presidente da Asociación da Semana Santa muradá.

No Concello céntranse agora en garantir que as procesións de Semana Santa poidan desenvolverse con total normalidade.

“Levaremos a cabo estes días actuacións como o encintado das pedras ou o nivelado das arquetas para asegurar un paso cómodo e seguro das procesións”, explica Rivadeneira.

Maneiro engade que “a rúa estará aberta ao paso das procesións de Semana Santa, pero por seguridade non se permitirá a circulación de vehículos”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.