“A xuventude incardinada na dereita política española dirixe o seu voto á dereita extrema”. Antón Luaces

09 Marzo 2026

Así se desprende do resultado das últimas eleccións autonómicas (as de Extremadura e Aragón) e as previsións que se fan de cara ás do vindeiro domingo en Castela e León. Esta lectura vése reforzada coa demisión, esta fin de semana, do secretario xeral das Novas Xeracións do PP, Carlo Angrisano, quen ao parecer pediu o voto para Vox.

Angrisano, sobriño do eurodeputado por Vox Juan Carlos Girauta, xa non exercía oficialmente  como secretario xeral da organización xuvenil do PP desde vai uns meses. Accedera a este cargo en abril de 2021. Graduado en Dereito, foi asesor parlamentario no Parlamento Europeo e na fin de semana confirmou que solicitara o voto para Vox porque as súas ideas “seguen firmes” e os seus principios “inamobibles”. 

Este caso confirma a impresión que, dende vai algún tempo, latexa no seo dos “populares” e que transmite a impresión de que as xuventudes “populares” son, arestora, unha base importante para a incorporación a Vox dun voto xove que, ata fai pouco tempo, semellaba estar incardinado na estrutura do Partido Popular.

Segundo as últimas enquisas, Vox é o primeiro partido en intención de voto entre os electores de 18 a 44 anos. De feito, nas mobilizacións levadas a cabo en distintos lugares de España, nomeadamente en Madrid, moitos dos xoves que enarbolaban bandeiras inconstitucionais de España (franquistas) non ocultaban a súa pertenza/militancia en partidos da dereita e extrema dereita.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.