A Pobra do Caramiñal conmemora o 8M cunha concentración diante do Concello

08 Marzo 2026

O Concello da A Pobra do Caramiñal acolleu este domingo unha concentración diante da casa consistorial con motivo do Día Internacional da Muller, na que veciñanza e representantes municipais participaron nun acto reivindicativo a prol da igualdade.

Durante a convocatoria, varias veciñas tomaron a palabra para reclamar máis dereitos para as mulleres e insistiron na necesidade de avanzar cara a unha “igualdade real, xa”, lembrando que aínda persisten desigualdades en distintos ámbitos da sociedade.

No transcurso do acto, a concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, foi a encargada de realizar a lectura do manifesto institucional, no que se puxo de relevo a importancia de seguir traballando desde as institucións e desde a sociedade para garantir os dereitos das mulleres e combater calquera forma de discriminación.

A concentración enmarcouse nos actos organizados polo Concello para visibilizar a loita pola igualdade e reivindicar o papel das mulleres na sociedade, nunha xornada que cada 8 de marzo mobiliza a miles de persoas en todo o mundo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.