A inestabilidade regresa o luns ás Rías Baixas e Santiago con chuvascos, treboadas e descenso das temperaturas

08 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e da área de Santiago de Compostela afrontarán este luns unha xornada marcada polo aumento da inestabilidade meteorolóxica en Galicia debido á entrada de aire frío en altura.

Segundo as previsións, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos ao longo do día, que poderán vir acompañados puntualmente de sarabia e treboadas, especialmente nas horas centrais da xornada. A situación será variable, alternando momentos de nubes con claros.

En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un moderado descenso, deixando unha sensación térmica máis fresca que en días anteriores( máximas de 11 a 13 graos).

O vento soprará frouxo de compoñente norte, aínda que no litoral atlántico poderán rexistrarse intervalos moderados, especialmente en puntos das Rías Baixas, onde o mar tamén poderá presentar algo máis de axitación.

meteogalicia

O noso mar; Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.