A Deputación prosegue coa compra de vehículos para os servizos de Axuda no Fogar (agora en Muros e noutros catro concellos)

09 Marzo 2026

A Deputación da Coruña financia con 100.000 euros a compra de cinco vehículos destinados a facilitar os desprazamentos diarios das traballadoras e traballadores dos Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e os servizos sociais nos concellos de Camariñas, Cariño, Fisterra, Muros e Sobrado dos Monxes. A concesión definitiva destas axudas publícase hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

Estes son os concellos que obtiveron maior puntuación en función das bases da convocatoria e súmanse a outros vinte que xa obtiveron as axudas para a compra vehículos en anos anteriores. En total, 25 municipios coruñeses contan cun vehículo da Deputación para os desprazamentos das traballadoras do SAF.

Esta liña de axudas foi creada tras a rolda de reunións que o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, realizaron con traballadoras dos servizos de axuda no fogar nas distintas comarcas da provincia. Unha das demandas destas traballadoras era “poder dispor de vehículos municipais para os seus desprazamentos, xa que con frecuencia se ven obrigadas a usar os seus coches particulares nun traballo que esixe un elevado número de desprazamentos diarios para atender ás persoas maiores nos seus domicilios”, explicaron.

“Con estes, serán xa vinte e cinco os concellos da provincia que dispoñen dun vehículo para os desprazamentos das traballadoras de axuda a domicilio, que desenvolven un traballo fundamental nos concellos da provincia e merecen este apoio. A nosa idea  é seguir ampliando este número en cada convocatoria para axudar a resolver o problema que nos trasladaron as propias coidadoras en distintas reunións”, explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Os concellos da provincia que dispoñen dun vehículo para desprazamentos do SAF financiado pola Deputación da Coruña son As Pontes, As Somozas, Aranga, Camariñas, Cariño, Carnota, Fisterra, Irixoa, Mañón, Muros, Ortigueira, Outes, Tordoia, Oza-Cesuras,  Cabanas, A Baña, Mesía, Dodro, Coirós,  Boimorto, Paderne, Dumbría, Santiso, Sobrado e Toques.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...