A Deputación loce os tesouros gastronómicos da provincia en Alimentaria (participa A Conserveira de Ribeira)

25 Marzo 2026

A Deputación da Coruña participa esta semana nunha nova edición de Alimentaria, o encontro internacional de referencia para os profesionais da industria do sector e que se organiza cada dous anos en Barcelona, cunha destacada presenza institucional e da cadea de valor enogastronómica da provincia. Neste marco, o vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, participará mañá, xoves 26 de marzo, en dúas mesas redondas nas que se abordará o papel da gastronomía como motor económico e turístico, así como os retos do modelo sustentábel baseado no produto local.

Ambas as dúas sesións organízanse no contexto da Gran Final do Concurso Cociñeiro e Camareiro do Ano, que se celebra tamén ese mesmo día, nun certame co que a provincia da Coruña xa mantén vínculos, tras acoller o pasado ano unha das súas semifinais a través dun acordo coa Deputación.

A primeira das intervencións celebrarase ás 11:30 horas, baixo o título A Coruña provincia, A paisaxe que sabe: territorio enogastronómico, un espazo centrado na identidade dos produtos e na súa vinculación co territorio.

Nesta mesa, na que tamén participarán representantes da cadea enogastronómica galega como A Conserveira (Ribeira), Galmesán (Arzúa) ou Despensa D’Lujo (Coristanco), porase en valor a calidade e singularidade dos produtos da provincia, así como o traballo conxunto entre o sector produtor e a administración para a súa promoción dentro e fóra de Galiza.

Durante o debate, Regueira abordará as liñas de apoio impulsadas desde a Deputación para posicionar os produtos da provincia nos mercados estatal e internacional, nun contexto no que a gastronomía se consolida como un dos principais elementos de diferenciación territorial e de xeración de valor engadido.

A continuación, ás 12:00 horas, o vicepresidente participará na mesa Turismo gastronómico: impacto na cidade dun turismo sustentábel, na que compartirá reflexións con representantes institucionais doutras administracións sobre o papel da gastronomía nas estratexias turísticas. O encontro permitirá afondar en cuestións como a capacidade da oferta gastronómica para atraer visitantes, o papel dos eventos e da restauración na promoción dos destinos e a importancia de avanzar cara a modelos turísticos máis sostíbeis e vinculados ao produto de proximidade.

A participación da Deputación da Coruña en Alimentaria encádrase na súa aposta pola promoción da provincia como destino enogastronómico de calidade, baixo a marca A paisaxe que sabe, que pon en relación produto, territorio e identidade como elementos clave para un desenvolvemento turístico equilibrado e positivo para o territorio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...