A Deputación da Coruña entrega dous novos vehículos a entidades sociais de Ribeira e Muros

13 Marzo 2026

A Deputación da Coruña vén de facer entrega de dous novos vehículos destinados a reforzar a mobilidade e a atención ás persoas usuarias de entidades sociais das comarcas de Barbanza e Muros-Noia.

A primeira das entregas tivo lugar este xoves 12 de marzo en Ribeira, no marco da visita institucional do presidente da Deputación ao municipio. Durante o acto, no que tamén participaron a deputada de Política Social, Mar García Vidal, e a alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, púxose a disposición da Fundación FAIBEN unha nova furgoneta.

O vehículo permitirá mellorar o funcionamento da Casa de Familia FAIBEN de Ribeira, un recurso residencial que acolle menores que se atopan baixo garda ou tutela da Xunta de Galicia. A nova furgoneta facilitará os desprazamentos diarios para actividades escolares, terapias, citas médicas, reunións con profesionais e actividades culturais e deportivas, contribuíndo a garantir unha atención máis completa e personalizada aos nenos e nenas atendidos pola entidade.

Vehículo adaptado para ADISBISMUR

A segunda entrega realizouse este venres 13 de marzo en Muros, onde a deputada de Política Social, Mar García Vidal, acompañada da primeira tenente de alcaldesa e concelleira de Cultura, Turimso e Facenda, Caridad González Cerviño, fixo hoxe entrega dun novo vehículo adaptado á Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR).

Este novo recurso permitirá reforzar o servizo de transporte adaptado que a entidade presta ás persoas usuarias do Centro de Recursos de Valadares, que integra servizos de centro ocupacional e centro de día. Actualmente, o centro atende a máis de medio cento de persoas con discapacidade procedentes de varios concellos da comarca e desenvolve programas de apoio terapéutico, formación, rehabilitación e integración social.

A Deputación explica que “o transporte adaptado resulta esencial para garantir o acceso das persoas usuarias ás actividades do centro e aos distintos servizos de atención, especialmente nun territorio con forte dispersión xeográfica”. Engade que “o novo vehículo contribuirá a mellorar as rutas existentes e a facilitar a incorporación de novas persoas usuarias procedentes de diferentes concellos da contorna”.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.