A Casa Mariñeira da Pobra acollerá os días 21 e 22 de marzo a IV Mostra da Camelia

07 Marzo 2026

A sala de exposicións da Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal acollerá os días 21 e 22 de marzo a IV edición da Mostra da Camelia.

A inauguración da mesma está prevista para o propio sábado, día 21, ás 12.00 horas. O horario de visita será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas.

A iniciativa, posta en marcha co apoio da concellaría de Turismo, foi impulsada por José Ramón Teixeira e Marisol Cameán, dous afeccionados ao cultivo da camelia que promoveron a organización da mostra e fomentaron a participación da veciñanza na mesma.

Este ano propúxose, ademais, que forme parte tamén o alumnado do CEP Pilar Maestú Sierra mediante a realización de fotografías das diferentes variedades de camelia.

A mostra ten carácter colaborativo e está aberta á participación de todas aquelas persoas que desexen achegar as súas flores, independentemente da cantidade e o tamaño. Co fin de facilitar a organización do evento, será necesario inscribirse previamente a través do teléfono de Turismo no 671 090 262 ou 687 482 835.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...