A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acollerá unha exposición de tallas e pinturas de Demetrio Bermo

05 Marzo 2026

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acollerá este venres 6 de marzo, ás 20.00 horas, a inauguración da exposición de tallas e pinturas do veciño da Pobra do Caramiñal Demetrio Bermo, un dos referentes da artesanía galega contemporánea.

O acto contará tamén cunha actuación musical a cargo de Glauka e Tato, que se encargarán de amenizar esta apertura.

Con máis de 70 anos de traxectoria como deseñador, ebanista e tallista, Demetrio Bermo é autor de numerosas obras sacras e de mobiliario artístico que o sitúan como unha figura destacada da artesanía galega.

Entre as súas creacións máis recoñecidas atópanse retablos como o dedicado a Santa Rita na igrexa do Caramiñal, o da Virxe da Mercé na capela de Postmarcos ou o peto esmoleiro dedicado a San Roque que doou ao Museo Valle-Inclán.

A exposición permitirá ao público achegarse a unha selección das súas tallas e pinturas, nas que se reflicte a precisión artística que o caracteriza.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, animou á veciñanza a achegarse a contemplar esta mostra, que estará dispoñible nos meses de marzo e abril, e gozar “dun conxunto de pezas realizadas por un artista cunha ampla traxectoria e cun importante legado artístico no noso municipio”.

A presentación correrá a cargo de Manuel Teira, encargado de realizar o texto do programa.

Outros artigos

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.