A Área de Igualdade da Deputación leva a Mazaricos o proxecto “A ditadura é un señor con bigote”, recoñecido no Premio Luísa Villalta 2025

23 Marzo 2026

A deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Sol Agra, participou este luns 23 de marzo en Mazaricos na presentación de A ditadura é un señor con bigote, de Montse Fajardo, unha das iniciativas gañadoras do Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade na súa edición de 2025.

A actividade, celebrada no CPI A Picota, permitiu ao alumnado coñecer de preto un traballo que afonda nas causas xudiciais abertas contra mulleres durante o franquismo e na análise da misoxinia estrutural do réxime, a partir do estudo das sentenzas da época.

Durante a súa intervención, Sol Agra puxo o acento no valor desta proposta como ferramenta pedagóxica «para comprender a raíz histórica do machismo contemporáneo», destacando a súa capacidade para divulgar as consecuencias da ditadura desde unha perspectiva de xénero e contribuír á formación dunha cidadanía crítica e democrática.

O Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, contou na súa última edición con 22 propostas presentadas. Delas, o xurado seleccionou oito iniciativas, que recibiron unha contía máxima de até 12 500 euros.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.