UCIN Galicia esixe reforzos inmediatos de seguridade ante o aumento de delitos en toda a comunidade

04 Febreiro 2026

A agrupación UCIN Galicia emitiu un comunicado no que lembra que leva tempo alertando do preocupante aumento da delincuencia en toda a comunidade e reclamando, sen ser escoitada, máis efectivos policiais e maiores medios materiais para as forzas e corpos de seguridade. No comunicado din que “os recentes roubos con forza ocorridos en Ribeira —no Centro Social de Carreira, nun bar do centro urbano e en vivendas de Corrubedo— son só un exemplo máis dunha situación que se repite en múltiples concellos galegos e que está a xerar unha crecente sensación de inseguridade entre a cidadanía”.

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, móstrase tallante: “Non se pode seguir mirando cara a outro lado mentres Galicia se enche de roubos, asaltos e vandalismo. A seguridade non é un luxo, é un dereito. Os persoais policiais son insuficientes e os medios materiais están obsoletos en moito casos. Esta situación non se pode soster”, sinala.

Desde UCIN Galicia esíxese ás administracións competentes un plan urxente de reforzo de efectivos, maior presenza policial nas rúas, especialmente en zonas rurais e núcleos costeiros, e un investimento real en recursos técnicos e humanos para garantir a seguridade de veciños, comerciantes e traballadores.

“A cidadanía non pode vivir con medo nin resignarse a que o seu barrio ou o seu pobo estean en terra de ninguén. Esiximos respostas inmediatas e solucións reais, non máis promesas baleiras”, engade Calo.

Lembra que UCIN Galicia continuará denunciando publicamente cada episodio de inseguridade e apoiando os veciños e colectivos afectados ata que se adopten as medidas necesarias para frear esta deriva.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.