UCIN Boiro propón un plan urxente para mellorar o rural de Pomar do Río

23 Febreiro 2026

A formación independente Unión de Cidadáns Independentes (UCIN Boiro), liderada por Miguel Piqueras, realizou unha visita a Pomar do Río e á súa contorna co obxectivo de comprobar sobre o terreo as deficiencias que, segundo denuncian os veciños, levan anos sen solución.

Durante o percorrido, os representantes da formación constataron problemas recorrentes como o desbordamento de augas pluviais, cunetas colmatadas, pistas en mal estado e dificultades de acceso a vivendas e parcelas. Unha situación que, segundo trasladaron os residentes, afecta directamente á seguridade viaria, á mobilidade diaria e á calidade de vida no rural.

Os veciños advertiron tamén do risco de accidentes pola acumulación de auga nas pistas, especialmente en épocas de choiva intensa, e criticaron a falta de actuación continuada por parte do goberno municipal. Desde UCIN Boiro sinalan que “moitas das demandas do rural só reciben atención en períodos electorais”, polo que reclaman “un compromiso real e estable no tempo”.

Propostas concretas e asumibles

Fronte a esta realidade, a formación presenta un plan de actuación inmediato que inclúe a limpeza integral de cunetas para garantir a correcta evacuación das augas, a reparación e mantemento periódico das pistas da parcelaria e a instalación de rexistros e sistemas adecuados de recollida de augas pluviais que eviten acumulacións na calzada.

Así mesmo, propoñen a posta en marcha dun plan estable de mantemento do rural con seguimento público, que permita avaliar periodicamente o estado das infraestruturas e asegurar unha resposta áxil ás incidencias.

“Son medidas básicas, urxentes e perfectamente asumibles polo Concello. Non falamos de grandes obras, senón de planificación, mantemento e compromiso real co rural”, destacou Miguel Piqueras durante a visita.

Compromiso co rural de Boiro

Desde UCIN Boiro subliñan que o abandono das parroquias non pode converterse nunha constante e lembran que o rural “forma parte esencial do municipio e merece solucións reais e duradeiras”.

A formación comprométese a acompañar aos veciños de Pomar do Río e da súa contorna, trasladando as súas demandas ás institucións e supervisando que as actuacións se executen de maneira efectiva.

“Estamos a falar de mellorar a seguridade, a mobilidade e a calidade de vida de todos os veciños. Pomar do Río non pode seguir sendo o gran esquecido do municipio. É hora de actuar e demostrar que o rural tamén importa”, concluíu Piqueras.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.