Sae a licitación a 2ª fase da renovación das luminarias do paseo marítimo de Rianxo

01 Febreiro 2026

O Concello de Rianxo informou da saída a licitación da segunda fase do proxecto que permitirá renovar a totalidade das luminarias do paseo marítimo da vila.

Nesta segunda fase, que conta cun investimento de uns 40.000€, cambiarase o treito comprendido entre A Carballeira e a praia do Pazo. As luminarias actuais cambiaranse por outras de maior eficiencia enerxética que empregarán tecnoloxía LED.

A totalidade do proxecto de renovación conta cun investimento de 95.000€ e que ten o apoio da Deputación da Coruña, mediante o seu Plan Único.

Esta iniciativa estase a executar en tres fases sucesivas, comezando en 2024 coa substitución das primeiras 31 luminarias entre Setefogas e A Carballeira.

O alcalde, Julián Bustelo, indicou co inicio de proxecto que boa parte das luces do paseo non estaban operativas, principalmente pola falta de mantemento, o que “limita o uso desta área de lecer”.

Estes traballos encádrase nun proxecto de maior alcance aínda: o proxecto para a mellora da iluminación no conxunto da vila rianxeira, unha actuación que conta cun orzamento de 547.364,30€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.