Queremos Galego Barbanza celebrará en Rianxo dous actos para reivindicar medidas que poñan freo á emerxencia lingüística

18 Febreiro 2026

A Plataforma Queremos Galego, delegación do Barbanza, vai celebrar estes mes de febreiro dous actos reivindicativos en Rianxo dirixidos a reclamar máis presenza da nosa lingua en todos os ámbitos de actividade, un compromiso imprescindíbel para garantir o futuro do galego que require, agora máis nunca, a máxima implicación das administracións.

A primeira das cita será este 21 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da Lingua Propia. Trátase dunha conferencia a cargo de Elsa Quintas Alborés, avogada e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos. A conferencia Dereitos Lingüísticos:unha necesidade dará comezo ás 19.00 horas no Auditorio Municipal de Rianxo.

Ademais, o 28 de febreiro celebrarase o acto comarcal Contra a Emerxencia Lingüística. Será ás 12:00h no Busto de Castelao, no paseo da Ribeira de Rianxo (en caso de choiva celebrarase no Auditorio Municipal de Rianxo). Intervirán Tero Rodríguez (actriz), Xosé Agrelo Romeu (coordinador de Queremos Galego Barbanza), Marcos Maceira (portavoz de Queremos Galego), Xosé Deira Triñanes (profesor e exalcalde de Boiro). Contarase coa actuación musical do cantautor Xosé Duarte. 


Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.