Porto do Son acollerá un curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais

26 Febreiro 2026

Porto do Son será a sede dun novo curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o luns 2 de marzo cubrindo o formulario de matrícula telemática dispoñíbel na páxina web da AGASP.

As persoas que non estean dadas na páxina da AGASP, deberán facelo previamente na propia páxina para o que é necesario unha conta de correo electrónico. As dúbidas ou dificultades técnicas pódense consultar a través dos teléfonos 886 20 61 38, 886 20 61 11 e 886 20 61 37 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal.

En Porto do Son hai un total de 25 prazas e a proba específica de acceso levarase a cabo o 18 de marzo ás 17.00 horas, isto constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados. Resérvase un 30% das prazas a voluntarios/as activos/as nunha agrupación ou asociación de voluntarios de protección civil que superaran o curso básico de protección civil.

O curso levarase a cabo os días 20, 21, 22, 27, 28, 29, 30, 31 de marzo; 1, 4, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25, 26 de abril; e 1, 2 de maio.

As persoas interesadas poden consultar toda a información no Diario Oficial de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.