Outes lembrará a Rosalía de Castro con degustacións do Caldo de Gloria na hostalería local

17 Febreiro 2026

O 23 de febreiro cumpriranse 189 anos do nacemento da ilustre escritora do Rexurdimento: Rosalía de Castro. O Concello de Outes, a través do servizo de Normalización Lingüística, colabora coa hostalaría para que os establecementos que o desexen, ofrezan esta fin de semana (o sábado 21 e o domingo 22 de febreiro) á súa clientela unha cunquiña de caldo ou tapiña de cocido, de maneira gratuíta, para lembrar o Caldo de Gloria.

Como lembraremos, o Caldo de Gloria é aquela querida receita da que falaba Rosalía no seu poema Miña casiña, meu lar, publicado no libro Follas novas (1880), no que unha muller pobre conta como consegue sobrevivir á fame, facendo un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.

Para os días 21 e 22 implicáronse os seguintes establecementos hostaleiros e gastronómicos de Outes: A Nosa Taberna (Santo Ourente), Casa Roque (Santo Ourente), A d’Marilús (Areal), O Albatros (O Freixo), Hostal Montreal (Cruceiro de Roo), A de Suso (Pontenafonso).

O día 21 colaborarán John Turkey (Serra de Outes), Ruta San Campio (A Serra), Casa Amanda (A Serra), Mesón O Portelo (A Serra), A Pousada (A Serra), Restaurante Viña (Cruceiro de Roo), Casa Peto (Cruceiro de Roo), A de Vila (O Freixo) e O Taboleiro (O Freixo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.