O Xtosín Trail pecha este domingo en Portosín o Circuíto Trail Series Arousa Neo

19 Febreiro 2026

O concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, presentou hoxe unha nova edición do Xtosín Trail, a proba que clausurará este domingo, 22 de febreiro, o Trail Series Arousa Neo, tras a primeira cita celebrada en Outes.

A competición sonense, que combina a esixencia técnica do percorrido con paisaxes de grande beleza natural, ofrecerá tres modalidades: unha distancia longa de 21 quilómetros, cun desnivel positivo de 980 metros; unha proba curta de 15 quilómetros, con 750 metros de desnivel; e unha andaina tamén de 15 quilómetros para aquelas persoas que prefiran un formato non competitivo.

Unha vez pechadas as inscricións, a organización prevé a participación de máis de 350 persoas nas tres modalidades. A saída estará situada no porto pesqueiro de Portosín, desde onde os e as participantes iniciarán un percorrido que atravesa algúns dos espazos naturais máis singulares do municipio.

Carlos Lorenzo amosou a súa confianza en que “esta proba, que naceu no ano 2023, volva ter unha gran acollida e todas as persoas participantes poidan desfrutar facendo deporte nunha contorna única e máxica”. Así mesmo, aproveitou para agradecer “o traballo das distintas entidades que colaboran na organización”, destacando a implicación do tecido asociativo e do voluntariado para facer posible o evento.

Coa celebración do Xtosín Trail, Porto do Son converterase esta fin de semana nun referente do trail galego, poñendo o broche final ao circuíto Arousa Neo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.