O Concello de Noia inicia os trámites para convocar a Mesa Interinstitucional do Mar

03 Febreiro 2026

O Goberno municipal iniciou este luns 2 de febreiro os trámites para a convocatoria da Mesa Intersinstitucional do Mar, creada no pleno municipal do pasado novembro, coa previsión de que poida celebrarse ao longo da vindeira semana.

Esta mesa estará integrada, entre outros, por representantes da Subdelegación do Goberno, da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, da Confraría de Pescadores, da Agrupación de Mariscadoras a Pé e da Plataforma en Defensa da Ría (PLADEMAR), así como por membros de todos os partidos políticos con representación no organismo municipal.

O Concello explicou que as imaxes rexistradas durante os días pasados, ao remate de xaneiro, que amosan unha elevada mortaldade do berberecho como consecuencia dos recentes temporais e dunha achega inxente de auga doce polas chuvias, poñen de relevo “a gravidade da situación que atravesa o sector marisqueiro e fan especialmente necesaria esta convocatoria, tanto para avaliar os danos producidos como para facer fronte á situación socioeconómica que se pode derivar desta circunstancia”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...