O Concello da Pobra abre unha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar

19 Febreiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de anunciar a apertura dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar co obxectivo de reforzar e ampliar a prestación deste servizo esencial no municipio.

A convocatoria ten como finalidade a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais que permitan cubrir as necesidades do servizo. Unha vez rematado o proceso selectivo, que se desenvolverá mediante o sistema concurso-oposición, o obxectivo é contratar a sete auxiliares.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Así pois, o prazo remata o vindeiro 26 de febreiro inclusive. As instancias poderán presentarse a partir de mañá, 20 de febreiro, a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral do Concello.

A concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, destacou a importancia do Servizo de Axuda no Fogar para garantir a atención ás persoas que máis o precisan. A edil asegurou que “un dos piares fundamentais do benestar na nosa sociedade son os coidados no entorno, e para iso é preciso levar adiante servizos públicos de calidade para a veciñanza. O SAF é fundamental e, por iso, e pese a que outras administracións non asumen de maneira axeitada as súas competencias de financiamento, dende a Concellería de Servizos Sociais imos comezar este proceso para poder contratar auxiliares e, así, poder atender a máis persoas usuarias das que neste momento dispoñen do servizo”.

“Trátase dunha aposta firme e decidida polos servizos públicos e pola mellora da calidade de vida das persoas usuarias”, concluíu.

A convocatoria pode consultarse no BOP.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.