Noia Limpa retira máis de cen quilos de lixo contaminante da praia de Testal

23 Febreiro 2026

O colectivo ambiental Noia Limpa, centrado en accións de divulgación e de traballo de campo para achegar un concello e unha comarca libre de residuos contaminantes (poñendo o foco non só na vila de Noia, senón tamén en ríos e praias e en paraxes naturais), celebrou esta fin de semana unha xornada de traballo no areal de Testal, onde os membros do colectivo e outras veciñas e veciños participaron nunha recollida de lixos.

A xornada levouse a cabo este domingo e grazas ao traballo das persoas participaron foron retirados 108 kg de residuos, entre plásticos, prendas de roupa, calzado, cabichas, restos de aparellos de pesca, envases de alimentos, material de construción, produtos de hixiene ou xoguetes.

Lembrar tamén que entre os residuos atopábase tamén restos de combustíbel guindados polos buques que pasan por diante da nosa costa (sentinasos de chapapote), vertidos que Noia Limpa tamén denunciou estes días nas redes sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.