“Defender o monte e o mar é defender Galicia”. Antón Luaces

21 Febreiro 2026

A Xunta arquiva o plan de Altri para a instalación en Palas de Rei dunha macrocelulosa que rexeita a maioiría dos galegos baixo o lema “Altri non”. A decisión do goberno de Alfonso Rueda está vencellada á anteriormente adoptada polo Goberno  central de excluir o proxecto de capital portugués da rede eléctrica española. Malia o arquivo do plan Altri para a celulosa de Palas, a consellería de Economía e Industria confía en que o proxecto sexa retomado nun futuro non lonxano, ende ben é consciente de que sen conexión eléctrica o proxecto non resulta viable. Finalmente, semella que o sentido “Altri Non” ten máis senso coma un proxecto que rexeitou o pobo galego ca un compromiso formulado en  contra do que demandaba este mesmo pobo. O finiquito anunciado oficialmente impide que o poxecto paralizado poida retomarse oficialmente antes do ano 2030. A partir dese ano, a empresa pode reformular o proxecto.

Para a Xunta é nídiamente claro que o proxecto industrial de Altri previsto  para a zona de Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso estaba “condenado” pola carencia de conexión eléctrica. Segundo anunciou este venres a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a empresa tiña un prazo de tres meses para xustificar a conexión eléctrica, de xeito que “se procederá ao arquivo formal do expediente”

Fjxo fincapé a conselleira en que ata 2030 a empresa non poderá dispor da subestación eléctrica necesaria para desenvolver o proxecto industrial. Nese ano, teóricamente, a zona jnterior da provincia de Lugo que linda coa da Coruña estaría en disposición de retomar a planificación do Ministerio, factor determjnante no proxecto de Altri que precisa dunha subestación  eléctrica para o seu desenvolvemento.

As alegacións da Xunta á planificación da rede eléctrica para Galicia até o ano 2030 semellan ter fixado ese ano para coñecer os plans da empresa porque será cando se saiba máis sobre a nova planificación. 

O Goberno defendeu a exclusión de Altri da proposta de Planificación de Electricidade 2025-2030 “realizada con criterios técnicos” que tiveron en conta “a complexidade do territorio e os seus condicionantes económicos, sociais e ambientais para proxectar as futuras infraestruturas”, o que fai cavilar en que nun máximo de cinco anos  estaremos na mesma lea.                

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.