Audiovisuais de Porto do Son (2) e de Ribeira (2) compiten nos novos Premios Youtubeiras+, que se entregan este sábado no Teatro Jofre de Ferrol

02 Febreiro 2026

O Teatro Jofre de Ferrol acollerá este sábado 7 de febreiro, ás 19.00 horas, a gala de entrega da novena edición dos Premios Youtubeiras+, certame organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo; das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo; e mais da Deputación da Coruña.

As persoas e canles gañadoras destes galardóns, que teñen como obxectivo promocionar o talento en galego nas redes sociais, daranse a coñecer durante unha cerimonia de entrega que presentarán Leila Fernández (membro da canle O faiado pódcast) e Carlos Vieito (integrante do proxecto Exército Mekemeke).

Na novena edición dos Premios Youtubeiras+ rexistrouse a concorrencia de 126 canles diferentes, cifra que, segundo as entidades organizadoras, “bateu a marca histórica do concurso e supera a colleitada na edición anterior, en que participaron un total de 89 canles”.

Polo Barbanza, compiten dúas propostas de Porto do Son: a canle do creador de contidos e mariñeiro Rogelio Santos Queiruga e AdoChinto. Tamén acoden Aradeira de Súa e Diversos Podcast, de Ribeira.

Novidades

Nesta edición permitiuse a concorrencia de perfís en todo tipo de plataformas. Esa foi a gran mudanza nas bases, xa que na oitava edición só puido participar quen tivese perfís no YouTube e TikTok.

Outra novidade dos Premios Youtubeiras+ é que o certame contou por vez primeira coa categoría de Premio ao Mellor Podcast. Por ese motivo, a gala significará a emisión ao vivo do primeiro episodio do Pódcast Youtubeiras+. Ese será o leitmotiv da velada que conducirán Leila Fernández e Carlos Vieito. As entradas son gratuítas e pódense retirar xa a través da plataforma ataquilla.com, ou ben o propio 7 de febreiro no despacho de billetes do Teatro Jofre.

Categorías e galardóns

Os Premios Youtubeiras+ teñen sete categorías: Canle, Creación de Contidos, Podcast, Calidade Lingüística, Revelación, Rede e o Premio do Público. Todos os premios contan cunha dotación de 1000 €, agás as dúas primeiras categorías, cuxos galardóns ascenden a 1250 €. As persoas gañadoras (agás no caso do Premio do Público, que se decide por votación popular a través das redes) foron escollidas por un xurado conformado polos seguintes membros: Mónica Valencia, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense; Jon Amil, médico e presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL); Carlos Pereiro, xornalista e comunicador de videoxogos; María Rúa, creadora de contidos e gañadora do Premio á Creación de Contidos de 2024, e Uxío Broullón, ilustrador e deseñador gráfico.

Premio á Mellor Canle
antontisimo (@ant0ntisim0) (Burela)
carlotaghatos (Melide)
Rodri Míguez (Redondela e Bueu)
Rogelio Santos Queiruga (Porto do Son)
Premio á Creación de Contidos
Aradeira de súa (Ribeira)
Konachadas (Concello de orixe: Viveiro, na actualidade reside en Rois)
@adochinto (Porto do Son e Santiago de Compostela)
@miguelblesta (Brión)
Premio ao Mellor Pódcast
A ferida aberta no 36 (Santiago de Compostela)
Diversos Pódcast (Ribeira)
Fóra de mapa Pódcast (Meis e Vigo)
Prendidísima (Santiago de Compostela)
Premio á Calidade Lingüística
daviidraamos_ (Cariño) 
@diegoauxx (Vigo)
LongaLingua (Santiago de Compostela)
@patriiotero (Santiago de Compostela)
Premio Revelación
@langrans_ (Ourense)
Mareando o xogo (Malpica de Bergantiños, Costa da Morte)
@miradenovo (Bueu)
O búnker debuxos (Ferrol)
Premio Rede
ChutenMeme (Santiago de Compostela)
Descifrando a Historia (A Caniza)
Galiactiva (Ourense)
Noticias dispersas (Ourense)
Premio do Público
Cada historia, unha vida. 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela (Culleredo)
Caldo de repolo, de Pakolas. Música infantil en galego, de Pakolas (Oleiros)
Ficacoabola nuns cuartos de final de Conference League | O noso blog máis especial con Miki Villar!, de Fica Coa Bola (Pontevedra e Santiago de Compostela)
Os Bolechas van a servizos sociais, de ChutenMeme (Santiago de Compostela)

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.