As Rías Baixas e Santiago afrontan un luns marcado pola choiva, o vento forte e a baixada das temperaturas

01 Febreiro 2026

Agárdanse precipitacións localmente intensas, refachos de ata 80 qm/h e posible neve nas zonas altas do interior

Galicia continuará este luns 2, Nosa Señora da Candaloria, baixo a influencia da borrasca Leonardo, situada entre Irlanda e o noroeste da Península, unha situación que afectará de xeito especial ás Rías Baixas e á comarca de Santiago.

Nestas zonas, o ceo presentarase parcialmente nubrado con precipitacións xeneralizadas ao longo da xornada, que poderán ser localmente fortes, especialmente na metade oeste, onde non se descartan treboadas ocasionais. Nas Rías Baixas espéranse episodios de choiva persistente, mentres que na área de Santiago as precipitacións poderán gañar intensidade por momentos.

A cota de neve situarase arredor dos 1.000 metros a partir da tarde, descendendo ata os 900 metros durante a noite, polo que podería afectar ás zonas máis elevadas do interior da provincia da Coruña.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, tanto nas máximas como nas mínimas, nunha xornada que estará tamén marcada polo vento. O vento soprará do oeste-suroeste con intensidade forte, con refachos que poderán superar os 70 e incluso os 80 quilómetros por hora, especialmente en zonas expostas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 7 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.