Activada este mércores a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

17 Febreiro 2026

A Xunta de Galicia activou para este mércores de cinza a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Co obxectivo de garantir a seguridade de bens e persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos náuticos, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs provinciais, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) , o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeira hora da mañá no noroeste da provincia da Coruña. Ao mediodía estenderase ao resto da provincia e a Lugo, e xa pola tarde alcanzará Pontevedra.

As previsións apuntan a mar combinada do oeste ou noroeste con ondas que poden alcanzar os sete metros, así como vento do oeste ou suroeste de ata forza oito. De xeito ocasional, no noroeste da Coruña poderían rexistrarse refachos de ata nove forza.

Pola súa banda, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no mar nos concellos afectados, que poden consultarse na web Deporte Galego.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, especialmente de diques, rompentes e paseos marítimos. Así mesmo, recomenda extremar as medidas de seguridade ao realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións ante a previsión de forte ondada e vento.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.