A mocidade de Ribasieira anima a noite coa festa na Casa da Cultura

22 Febreiro 2026

A parroquia de Ribasieira, no Son, viviu unha noite especial ao abeiro dunha lúa en cuarto crecente que iluminaba as pistas e montes da contorna. Entre o paso ocasional de bestas, cans e mesmo algún xabaril, e coa luz tenue dos vagalumes, celebrábase a festa da Casa da Cultura, unha iniciativa promovida por un grupo de mozos das parroquias de Ribasieira.

A xornada viña xa cargada de actividade desde o mediodía, coa tradicional carne ao caldeiro no xantar popular, seguida dun animado bingo pola tarde no que o premio máis destacado foi un camión de leña. Xa entrada a noite, arredor de catorce mozos resistían aínda na celebración, creando un ambiente singular cos chiscos das lanternas e dispositivos luminosos que riscaban o ceo.

Acompañábaos unha das presidentas da comisión de festas, que contribuíu a manter o bo ambiente non só coa súa presenza e entusiasmo, senón tamén co sabor das súas filloas caseiras, que fixeron as delicias dos asistentes. (Luís Pérez Crujeiras)

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.