A borrasca “Pedro” deixa chuvias intensas, vento forte nas Rías Baixas e Santiago o mércores de cinza

17 Febreiro 2026

O paso dunha fronte fría asociada a unha profunda borrasca va deixar unha xornada de meteoroloxía moi adversa nas Rías Baixas e en Santiago de Compostela, con ceos cubertos, precipitacións intensas e fortes ventos.

Durante a primeira metade do día, as chuvias están a ser persistentes e por momentos intensas, afectando especialmente ás zonas costeiras e ao interior da provincia da Coruña. Xa pola tarde, as precipitacións tenderán a producirse de forma máis intermitente, en forma de chuvascos, aínda que sen desaparecer por completo.

Outro dos aspectos destacados da xornada será o descenso da cota de neve, que baixará progresivamente ata situarse arredor dos 1.000 metros ao final do día, o que podería deixar as primeiras acumulacións nas zonas máis elevadas do interior.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas experimentarán un descenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos(6 graos de mínima e 14 de máxima) . Os ventos sopraránn con intensidade do suroeste, con refachos fortes nas áreas máis expostas do litoral das Rías Baixas, rolando a oeste ao longo da tarde.

A situación meteorolóxica recomenda extremar as precaucións, especialmente nos desprazamentos por estrada e nas zonas costeiras, onde o vento e a chuvia poden dificultar a circulación e as actividades ao aire libre.

meteogalicia:

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 7 a 8 á mañá, 5 a 7 á tarde e 6 a 7 á noite. Vaga á mañá e media vaga á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...