UCIN denuncia o abandono da Garda Civil en Boiro e no medio rural galego

23 Xaneiro 2026

A Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) emitiu un comunicado no que denuncia publicamente “a grave falta de efectivos da Garda Civil na localidade de Boiro”. No comunicado sinalan que estamos ante “unha situación insostíbel que se converteu nun problema de seguridade cidadá de primeira orde e que reflicte o abandono sistemático que sofren as unidades do medio rural galego”.

Engaden que “a carencia de persoal levou a que o cuartel da Garda Civil de Boiro se vexa obrigado a pechar durante as noites, deixando á poboación e ao seu ámbito territorial sen presenza policial efectiva durante amplas franxas horarias”. Esta realidade, din, “supón unha desprotección absoluta dos cidadáns e unha quebra do principio básico de seguridade pública”.

No comunicado sosteñen que “un dos exemplos máis graves desta situación prodúcese cando é necesario o traslado ou custodia dun detido; trátase de casos nos que os axentes deben desprazarse ata o acuartelamento de O Milladoiro, no municipio de Ames, o que implica que Boiro e toda a súa zona de responsabilidade quedan completamente abandonadas, sen patrullas dispoñíbeis para atender emerxencias, incidencias ou delitos en curso”.

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, sinala directamente ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, como “máximo responsábel”.

Desde UCIN Galicia esixen de forma inmediata os seguintes puntos:

-O reforzo urxente de efectivos no cuartel de Boiro.

-A eliminación dos peches nocturnos e a garantía de presenza policial permanente.

-A reposicion real dos 16 efectivos perdidos en O Milladoiro.

-Un plan serio e urxente para recuperar a seguridade no medio rural galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.