Taragoña rexistrou este luns ao mediodía a maior precipitación de Galicia

26 Xaneiro 2026
O Te, desbordado entre Taragoña e Asados

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde, Julián Bustelo, informou de que a estación meteorolóxica do Fieitoso (Taragoña) rexistrou no mediodía deste luns 26 de xaneiro a maior precipitación de Galicia cun volume acumulado de 85.7 litros por m2.

Ao longo da mañá rexistráronse múltiples incidencias no municipio rianxeiro, e o novo temporal obrigou, de feito, a cortar a estrada que une as parroquias de Asados e Taragoña, na zona da Laxe por desbordamento do río Te.

O rexedor engadiu que noutros puntos o río está preto de desbordarse tamén, polo que na medida do posíbel o Concello e a Policía Local recomendan evitar as vías que cruzan o río en zonas como o Batán ou Foxacos.

Tamén se rexistraron bolsas de auga en diferentes estradas provinciais.

Bustelo confirmou que a situación semella que non vai mellorar pola tarde e ás 21:00 horas agravarase a situación a costa coa preamar. Dende o Concello e a Policía manterase un dispositivo especial de seguridade por se resulta necesario actuar con algunha incidencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.