
Na quenda da tarde deste sábado 17 de xaneiro a Policía Local de Rianxo procedeu á identificación dunha muller como presunta autora dun delito leve contra o patrimonio, por un furto dunha carteira realizado dentro dunha lavandería autoservizo situada no núcleo urbano de Rianxo.
Das actuacións e xestións realizadas ao respecto, os axentes cando localizaron á sospeitosa, puideron recuperar a carteira que fora furtada, que contiña toda a documentación da persoa propietaria da mesma, menos o diñeiro en efectivo que portaba, que eran aproximadamente 40 euros.
Instruíuse o correspondente atestado policial polos feitos acontecidos, nos que se identifica plenamente á presunta autora do ilícito penal, á cal, segundo informou a Policía Local, cónstanlle numerosos antecedentes por feitos similares.
As dilixencias policiais realizadas son entregadas na Garda Civil, para continuación das mesmas e seren remitidas ao Tribunal de Instancia e Instrución de Padrón.
Procedeuse tamén á entrega dos efectos recuperados á persoa propietaria dos mesmos.




