O PSdeG di que o novo plan de transporte público ignora as alegacións presentadas pola veciñanza de Rianxo

15 Xaneiro 2026

O PSdeG-PSOE denunciou no Parlamento de Galicia que a Xunta “está impoñendo un novo plan de transporte público sen escoitar aos afectados e afectadas das parroquias de Rianxo á hora de definir os itinerarios e as frecuencias dos buses”. 

Para a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, a Xunta “volve dar as costas á veciñanza da comarca do Barbanza”, a pesar de que este plan “terá un impacto real na súa mobilidade para ir a traballar, a estudar ou para ir a unha cita médica”. 

Iglesias lembrou que “as modificacións de itinerarios e frecuencias aprobadas agora recibiron numerosas alegacións por parte da veciñanza de Rianxo e das súas parroquias, o que pon de manifesto o risco de perda de servizos, o empeoramento das conexións con centros sanitarios, educativos e administrativos, así como o incremento dos tempos de desprazamento”. 

“Porén, tal e como se fixo público a través dos medios, a Xunta de Galicia desbotou as principais alegacións presentadas, sen ofrecerer unha resposta satisfactoria nin introducir modificacións substanciais que corrixan os prexuízos sinalados”, lamentou.

A socialista anuncio tamén que esixirá no Parlamento “que rectifiquen, que escoiten á xente e que garantan un transporte público digno, útil e pensando para o territorio, non para cadrar papeis”. 

Dende o Grupo Parlamentario Socialista reclamarán a revisión do plan, a apertura dun proceso real de diálogo e participación cos concellos afectados, asociacións veciñais e persoas usuarias do servizo, e o establecemento de mecanismos de avaliación e seguimento do mesmo. 

Ademais, preguntarán ao Goberno autonómico, entre outras cousas, cales foron os motivos polos que se decidiu desbotar as alegacións presentadas e que criterios técnicos e sociais se empregaron para definir os novos itinerarios e frecuencias. 

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...