O Concello de Rois abre ata o luns 9 de febreiro o prazo de inscrición do Diverentroido 2026

20 Xaneiro 2026

O Concello de Rois abre o prazo de inscrición do DiverEntroido, o servizo de conciliación dirixido a familias con nenas e con nenos en idade escolar que se desenvolverá durante as vacacións de Entroido e que inclúe actividades lúdicas como xogos, deportes, traballos manuais ou música.

O programa levarase a cabo os días 16, 17 e 18 de febreiro, tanto en Rois como en Urdilde, en horario xeral de 9.30 a 14.30 horas. Ademais, para aquelas familias que o precisen, estará dispoñíbel o servizo de amencer dende as 7.30 horas.

O prezo do DiverEntroido é de 18 euros sen amencer e de 19,5 euros no caso de facer uso deste servizo. Sobre estes prezos, o Concello contempla bonificacións dun 15% na matrícula a partir da/o segunda/o filla/o, no caso de ser familias numerosas ou monoparentais ou se algún dos membros do núcleo familiar ten unha discapacidade recoñecida de máis do 33%.

As familias interesadas no DiverEntroido poden formalizar a inscrición a través do formulario en liña dispoñible na páxina web municipal www.rois.gal, no apartado de formularios e trámites, ata o luns 9 de febreiro.

Para máis información, poden dirixirse ao edificio multiúsos de Rois, chamar ao teléfono 981 816 061 ou enviar un correo electrónico a inscricions@rois.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.