O Concello de Ribeira saca a licitación a implantación dunha plataforma turística intelixente

19 Xaneiro 2026

O Concello de Ribeira continúa avanzando na implantación do seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino sacando a licitación unha plataforma turística intelixente. O obxectivo desta medida é “a creación de ferramentas dixitais que melloren a información dos recursos turísticos, faciliten a planificación da viaxe, melloren a experiencia e xeren valor engadido ao destino”.

En consecuencia, os turistas e a cidadanía “desfrutarán de información de interese dunha maneira innovadora mediante servizos personalizados e experiencias inmersiva”, explicaron fontes do Goberno local, engadindo que as necesidades que se pretenden cubrir son: “Contar cunha plataforma amena e didáctica; favorecer e incentivar as visitas aos recursos, facilitando a súa interpretación didáctica e mellorando a difusión e coñecemento a través de contidos innovadores e gamificados; desestacionalizar, deslocalizar e diversificar a demanda turística para reforzar a sustentabilidade do destino; incrementar a estancia media do turista e a competitividade do destino; e facilitar a mellora continua dos procesos incluídos na cadea de valor turística mediante o uso da tecnoloxía”.

Apuntan que o proxecto supón o deseño e subministro de software e licencias necesarias, así como a súa configuración para o correcto funcionamento de tódolos elementos da solución; a dixitalización dos recursos turísticos, incluíndo a súa documentación, a realización de material gráfico e audiovisual para a súa integración e carga na plataforma; a recompilación e integración na plataforma de información xa existente de outros recursos turísticos e hostaleiros, así como outra información de interese para a estancia do turista; a integración entre tódolos compoñentes e carga dos contidos; a xeración e entrega da documentación; formación; e soporte.

O orzamento de licitación é de 200.000 euros, IVE incluído, financiados na súa totalidade con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). Asofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 2 de febreiro. O prazo de execución será de dous meses dende a formalización do contrato.

Outros artigos

Venres 13, con choivas tormentosas nas Rías Baixas e Santiago

Galicia vivirá o venres 13, Santa Catalina e Benigno, unha xornada de inestabilidade atmosférica coa entrada dunha masa de aire polar marítima, con chuvascos localmente tormentosos e posible sarabia nas Rías Baixas e arredor de Santiago de Compostela. Agárdanse ceos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.