O Concello de Ribeira inicia o proceso para a declaración do carácter urbano de tramos de vías autonómicas e provinciais no rural

24 Xaneiro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto a persoal técnico municipal reuniuse coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, cara a iniciar o proceso para a declaración do carácter urbano de tramos de vías autonómicas e provincias en núcleos rurais do municipio. O obxectivo é que “a
construción de vivenda se rexa unicamente aplicando a normativa municipal, para que a veciñanza do rural con fogares a carón das estradas de titularidade autonómica e provincial non teña que seguir varias lexislacións”.

Este cambio suporía unificar os metros das franxas de protección nestas vías. “Esta modificación poría solución ao problemas que teñen veciños
destas zonas. Estas vivendas vense afectadas por dúas normativas, a municipal e a do ente competente da estrada. Polo que esta declaración urbana permitiría regular as solicitudes de expedientes, minimizar o número de taxas para a cidadanía e axilizar a tramitación. Cinguiríanse unicamente ao Plan Xeral de Ordenación Municipal e as franxas de protección destas áreas pasarían a ser xestionadas exclusivamente polo Concello”, explica a rexedora.

De feito, dos 41 núcleos rurais cos que conta Ribeira, son 36 os que se ven actualmente afectados, especialmente no discorrer das AC-550, AC-303 e DP-7304. Esta rolda de contactos con Xunta de Galicia supón o primeiro paso para a culminación do proceso en ano e medio, ademais de estar pendente contactar coa Deputación da Coruña. Primeiramente, o Concello de Ribeira encargara un estudo detalle para someter a Pleno a aprobación inicial desta modificación e dar traslado a Axencia Galega de Infraestruturas e institución provincial, entes que despois deberían remitir os seus respectivos informes de viabilidade.

Finalmente, faríase o envío de toda a documentación á Dirección Xeral de Urbanismo para que a Xunta de Galicia faga a aprobación definitiva da incorporación da aliñación gráfica ao PXOM, é dicir, que a partir dese momento tódalas Administracións públicas se rexan pola normativa municipal nesta materia e deixe de existir discordancia nos metros de franxa de protección e, polo tanto, non repercuta na cidadanía con vivendas nestas zonas do rural.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.