O Certame “Cousas” do IES Félix Muriel de Rianxo dá a coñecer o xurado da convocatoria 2025-26

20 Xaneiro 2026

O IES Félix Muriel de Rianxo volverá organizar, por terceiro ano consecutivo, o Certame Artístico Cousas, unha proposta educativa que pretende poñer en valor a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, escritor e artista nado en Rianxo e referente esencial da cultura galega. O equipo encargado da súa organización fai público o xurado da edición 2025-26.

As persoas participantes deberán presentar unha creación pertencente ao xénero da cousa, ideado por Castelao, que combina un texto breve cunha imaxe. A organización do certame informou que “a través desta iniciativa búscase tanto render homenaxe ao autor rianxeiro como promover o uso e a normalización da lingua galega entre a mocidade”.

Poderá participar o alumnado menor de 19 anos que curse a ESO, Bacharelato ou algún ciclo de Formación Profesional. Os premios establecidos para esta edición serán de 300 euros para a obra gañadora, 200 euros para a segunda clasificada e 100 euros para a terceira.

O prazo límite para a entrega das obras será o venres 30 de xaneiro de 2026.

As bases completas do certame poden consultarse na páxina web oficial, onde tamén se recolle información adicional.

A organización engade que un dos aspectos máis destacados desta edición é a renovación do xurado, que estará formado por Pilar Ponte e Xabier Vázquez Parcero, vinculados ao ámbito educativo; Kiko Dasilva, profesional das artes plásticas; e Leo Arremecághona, creador do ámbito artístico.

A organización do certame continúa en mans dun grupo integrado por alumnado de segundo de bacharelato e por estudantes que remataron os seus estudos no centro o curso anterior, mantendo así o carácter participativo da iniciativa. O equipo organizador convida a todo o alumnado a participar nesta nova edición do certame e a compartir a súa creatividade a través das “cousas”, unha iniciativa que se prepara con dedicación e que busca recoñecer e poñer en valor o talento artístico da mocidade.

    Outros artigos

    Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

    Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.