O alcalde de Outes traslada ao conselleiro de Sanidade necesidades para a mellora a atención sanitaria no municipio

23 Xaneiro 2026

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo, mantivo nos últimos días unha reunión de traballo co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na que o rexedor aproveitou para trasladar unha serie de necesidades que permitirían mellorar a atención sanitaria no municipio.

En concreto, Calo mostrou interese na cobertura dunha praza de atención primaria que na actualidade se atopa vacante. O conselleiro asegurou que “non desaparecerá” e que “o Goberno Autonómico espera poder cubrila en datas vindeiras de forma estábel”.

Ademais, o conselleiro comprometeuse a valorar “con ánimo construtivo” as propostas de mellora da accesibilidade do Centro de Saúde solicitadas polo rexedor.

A última das peticións trasladadas polo alcalde de Outes tivo que ver coa posta en marcha no municipio do servizo de hospitalización a domicilio. “Unha demanda”, dixo Calo, “moi reclamada polos veciños e que, na súa opinión, melloraría a calidade asistencial no concello”.

Calo aproveitou tamén a reunión para agradecer “o compromiso que tanto a Xunta de Galicia como a Consellería de Sanidade manteñen co Concello de Outes en materia de colaboración e de investimento en proxectos de vital importancia para os veciños”, dixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.