Noia celebra 40 anos de Entroido recuperando a esencia e ampliando a festa

21 Xaneiro 2026

O Concello de Noia presentou a programación oficial da XL edición do Entroido, que este ano se celebra baixo o lema “É Entroido en Noia” e chega cun calendario de actividades ampliado, no que se reforza a programación tradicional ao tempo que se incorporan novas propostas pensadas para todos os públicos.

O concelleiro de Eventos, Abel Pan, amosouse moi satisfeito co programa deseñado para esta edición tan especial, destacando que “é un Entroido que mantén a esencia de sempre, pero que ao mesmo tempo medra e se diversifica, con máis actividades e máis días de festa”. Neste sentido, puxo especialmente en valor a recuperación dun dos actos máis emblemáticos da celebración: “Recuperamos o Paris Dakar tradicional o primeiro venres, o venres 13 de febreiro, unha cita moi querida pola veciñanza e que forma parte da historia do Entroido de Noia”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, subliñou que un dos grandes obxectivos desta edición é potenciar a xornada do sábado. “Queremos que o sábado 14 Noia se converta nun auténtico campo de festa, con distintas discotecas móbiles repartidas pola vila e cun prato estrela como será o evento ‘Noia con marcha: A Noia dos 90-00’, no que faremos unha viaxe ao pasado, á Noia de hai 30 anos, animando a noieses e noiesas a participar con disfraces acordes a esa temática”, explicou.

A programación arrincará o venres 13 coa celebración do Paris Dakar tradicional, que sairá ás 21:00 horas dende o Bar París, con inscrición previa a través de WhatsApp no número 626 77 12 19. O evento rematará na Carpa da Alameda, onde haberá animación musical.

O sábado 14 continuará a festa cun tardeo a partir das 17:00 horas na Carpa da Alameda, amenizado pola Cabina Móbil. Xa pola noite, ás 23:30 horas, celebrarase o gran evento “Noia con marcha”, no que ademais se sorteará unha moto entre as persoas asistentes.

O domingo 15 será a quenda do Bingo de Entroido, que terá lugar ás 20:30 horas na Carpa da Alameda e estará conducido por Patricia Galán, con música e animación durante toda a sesión.

O luns 16 estará especialmente dedicado ao público infantil, cunha festa con inchables e espectáculo de Animart ás 17:00 horas na Carpa da Alameda —que se trasladará ao Polideportivo Alonso en caso de choiva—, ademais do correspondente desfile infantil de disfraces.

O Entroido despedirase provisionalmente o mércores de cinza co tradicional Enterro da Sardiña, que contará coa actuación da Charanga Solfamidas e unha chocolatada ás 19:00 horas na Carpa da Alameda, antes do inicio do enterro ás 20:30 horas.

Finalmente, o venres 20 celebrarase o Gran Desfile de Entroido, o Paris Dakar habitual, que sairá ás 20:30 horas dende o Paseo Marítimo ata o Curro, onde estará instalada a discoteca móbil CDC para poñer o broche final á festa. Os premios deste desfile ascenderán ata os 7.600 euros.

Dende o Concello de Noia destacan que esta XL edición do Entroido supón “un paso máis na aposta por unha das festas máis importantes do calendario local” e animan tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a participar activamente nun programa que combina tradición, música, disfraces e moita festa.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...