Muros súbese o 14 de xaneiro ao bus do teatro do CDG para asistir en Santiago á representación de “Memorias dun neno labrego”

08 Xaneiro 2026

Entre os concellos que participan na nova edición do programa de mobilidade e cultura Sobes ao bus do teatro? do Centro Dramático Galego atópase o Concello de Muros. En virtude desta participación, a veciñanza vai poder achegarse a Santiago, ao Salón Teatro, para asistir á representación (o 14 de xaneiro) da versión escénica de Memorias dun neno labrego, a senlleira novela de Xosé Neira Vilas adaptada por Candido Pazó.

Este venres, 9 de xaneiro, remata o prazo de inscrición para participar na saída especial organizada polo Concello de Muros dentro da campaña Sobes ao autobús do teatro?, impulsada polo Centro Dramático Galego.

A viaxe a Santiago será o vindeiro mércores, 14 de xaneiro de 2026.

A saída de Muros será ás 15.15 horas, e a volta á vila muradá está prevista para as 20.15 horas.

A entrada é de 5 €.

Haberá 17 prazas dispoñíbeis (por orde de inscrición)

Inscricións abertas ata este venres, 9 de xaneiro, presencialmente nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.