Este xoves comezan as Festas de San Mauro (Boiro)

12 Xaneiro 2026

Esta semana celébrase unha nova edición das Festas de San Mauro, en Santiago de Lampón e Goiáns. Será no Pazo de Goiáns, precisamente, os días 15 de xaneiro (xoves) e sábado 17 de xaneiro.

Trátase dos festexos na honra de San Mauro con alboradas, actos litúrxicos, festa gastronómica, serán tradicional e actuación de Ailá.

As actividades comezarán o xoves cunha alborada a cargo de Arume e O Son do Pote, e con misas rezadas na honra de San Mauro ás 9.00, ás 10.00 e ás 11.00. Ás 12h haberá unha misa solemne e procesión. Pola tarde haberá misas rezadas ás 17.00 e ás 18.00 horas. A vertente litúrxica da xornada rematará cunha misa solemne ás 19.00 horas e coa procesión. Ao remate haberá tirada de fogos e chocolatada. Instalarase carpa.

O sábado comezará cunha alborada a cargo de Os Pequenos do Barbansa e Río do Anxo.

Ás 13.00 horas celebrarase unha misa solemne na honra de San Mauro no Pazo de Goiáns e procesión pola aldea de SAn Mauro.

Ás 14.00 dará comezo unha festa gastronómica con callos e empanada amenizada polas asociacións locais de baile e música galega Xilbarbeira e Pedra Aroña.

Ás 17.00 arrincará un serán tradicional cunha manchea de agrupacións tradicionais.

Pola noite actuará o grupo Ailá, ás 21.30 horas, e logo haberá queimada e foliada libre.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.