A Xunta destinará 2 millóns de euros á nova residencia para persoas con discapacidade en Outes

19 Xaneiro 2026

O centro situarase na antiga escola do Cruceiro de Roo e terá capacidade para aloxar 24 persoas

A Xunta de Galicia destinará 2 millóns de euros á construción dunha nova residencia para persoas con discapacidade no concello de Outes (A Coruña), que será xestionada pola Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur). O Consello da Xunta deu luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade, que permitirá levar a cabo esta actuación con fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (NextGenerationEU).

O novo centro situarase na antiga escola do Cruceiro de Roo, un edificio cedido gratuitamente polo Concello de Outes para a súa adaptación como recurso residencial. A futura residencia contará con capacidade para aloxar 24 persoas. Adisbismur será a encargada de redactar o proxecto definitivo, así como da contratación e do seguimento das obras. O orzamento total da actuación ascende a 2,3 millóns de euros.

Con este novo recurso, o Goberno galego continúa a súa aposta pola creación de servizos de proximidade no medio rural, co obxectivo de favorecer que as persoas con discapacidade que precisan apoio poidan permanecer na súa contorna habitual.

A futura residencia permitirá, ademais, completar a rede de servizos de Adisbismur, integrada actualmente por un centro ocupacional, con capacidade para arredor de medio cento de usuarios, e un centro de día que atende a unha vintena de persoas. Nestes recursos, a Xunta financia 49 prazas, ás que destina preto de 720.000 euros anuais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.