A xira “Parroquias don Voz” prosegue as súas xuntanzas nas parroquias de Ribeira para explicar proxectos e recoller demandas veciñais

16 Xaneiro 2026

O BNG de Ribeira informa de que prosegue, logo do período de Nadal, a xira Parroquias con Voz percorrendo as parroquias mantendo reunións coa veciñanza do municipio coa finalidade establecer un diálogo directo coa cidadanía, explicar o traballo desenvolvido durante os últimos dous anos e medio de goberno municipal do BNG e presentar os proxectos e investimentos que quedaron planificados e orzamentados para os vindeiros meses.

O responsábel local Rafael Pazos explica que “este proceso servirá ademais para recoller de primeira man as propostas, suxestións e inquedanzas das veciñas e veciños de cada lugar”.

Investimentos nas parroquias de 5,5 millóns de euros en dous anos

O portavoz municipal e ex-alcalde, Luís Pérez Barral, lembra que “neste tempo avanzouse en múltiples ámbitos, especialmente na dotación de servizos básicos nas parroquias chegando á cantidade de 5,5 millóns de euros en tan só 2 anos e medio para pavimentacións, dotación de auga potábel e saneamento”.

Durante estas reunións, o BNG presentará un balance detallado das actuacións realizadas así como dos proxectos xa redactados e que contan con recursos para poder desenvolverse ao longo dos vindeiros meses.

“Deixamos proxectos por valor de 1,4 millóns de euros destinados ás parroquias que van permitir mellorar a calidade de vida da poboación xa que con eles se financiarán servizos básicos como os que mencionamos e son actuacións que nos demandou a veciñanza”, argumentou Barral, engadindo que a organización nacionalista tamén abrirá un espazo de diálogo para que as persoas asistentes poidan expoñer as súas necesidades, prioridades e preocupacións.

As datas e lugares das diferentes reunións serán: Olveira mércores 21 de xaneiro ás 19:30h na casa da cultura, Artes martes 27 ás 19:30h no centro recreativo, Oleiros xoves 5 de febreiro ás 19:30h no centro social e Castiñeiras xoves 12 de febreiro ás 19:30h na casa da cultura.

O BNG anima a toda a veciñanza a participar activamente nestes encontros, que se celebrarán en todas as parroquias do municipio, co obxectivo de seguir construíndo un concello próximo e centrado nas persoas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...