A Rede Galega de Teatros e Auditorios suma como escenario a Casa da Cultura de Outes

28 Xaneiro 2026

O Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Outes estréase o vindeiro 14 de febreiro como escenario da Rede Galega de Teatros e Auditorios coa peza de novo circo Kote Malabar, a cargo da compañía galega Cirkote.

Outes incorpórase deste xeito ao circuíto de espectáculos promovido pola Xunta en colaboración con 42 entidades locais asociadas a través dunha programación inicial que levará á vila durante ese mesmo mes outras dúas propostas escénicas producidas en Galicia: Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, o día 21, e a peza de danza Bailar agora, de Marta Alonso Tejada, o día 28.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou este 28 de xaneiro o espazo e fíxolle entrega ao alcalde, Francisco Calo Abelleira, dunha placa que identifica o recinto como escenario da Rede, sumando butacas ás preto de 18.500 coas que conta neste momento o circuíto cultural autonómico.

Sutil, que participou na presentación da nova actividade canda o rexedor municipal, subliñou “a importancia da colaboración institucional para lle ofrecer ao público de todo o territorio espectáculos de xeito próximo e coas condicións óptimas para espectadores e artistas”.

O espectáculo “Kote Malabar”

Na súa intervención, Jacobo Sutil lembrou que xa está en marcha desde o pasado 15 de xaneiro a nova carteleira anual da Rede Galega de Teatros e Auditorios, cun primeiro semestre no que o público poderá gozar ata xuño de 307 funcións en 42 concellos das catro provincias.

A carteleira da Rede Galega de Teatros e Auditorios no Auditorio da Casa da Cultura de Outes arrancará o vindeiro 14 de febreiro ás 19,00 horas coa compañía Cirkote e a súa proposta para todos os públicos Kote Malabar, na que se combinan con humor técnicas circenses, clown e teatro cómico.

O día 21, ás 20,00 h., será a quenda de Ibuprofeno Teatro con Reconversión, unha montaxe escénica con música en directo interpretada polos propios nove actores e actrices do elenco. A obra, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso e producida cunha subvención á creación escénica da Xunta, aborda en primeira persoa a época da reconversión naval na ría de Vigo como pano de fondo.

Finalmente, o 28 de febreiro, tamén ás 20,00 h., chegará a Outes Marta Alonso Tejada con Bailar agora, unha peza coproducida polo Centro Coreográfico Galego en 2020, que leva desde entón colleitando éxitos e premios e creando público para a danza a través da posta en escena dunha sorte de autoficción na que unha bailarina narra, en ton de comedia e reflexión, a súa traxectoria vital e a súa relación con esta disciplina.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...