A curtametraxe “Adeus Berta”, rodada na Pobra, proxéctase este venres en Abanqueiro

27 Xaneiro 2026

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) vai acoller este venres 30 de xaneiro a proxección da curtametraxe Adeus Berta. Será ás 20.00 horas con entrada libre (acceso gratuíto). A cita inclúe un coloquio co director e a guionista.

Adeus Berta é unha curta de Fernando Tato escrita por Ángela Andrada protagonizada pola propia Ángela Andrada e por Gemma do Carmo (veciña da Pobra).

Foi rodada no concello da Pobra do Caramiñal.

A curta cóntanos a historia de Alicia, que chega a casa dos seus pais na Pobra do Caramiñal para elixir a roupa que levará a súa nai no velorio. Alí reencóntrase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está ingresada. Nesta situación, Alicia acaba por mudarse á Pobra, escenario do reencontro e tamén lugar onde ambas as irmás terán que curar as súas vellas feridas.

Dirección | Fernando Tato

Guión | Ángela Andrada

Género | Ficción, drama, comedia

Duración | 17:42 min

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.