Un home ferido nun accidente na rotonda de Xarás (Ribeira)

09 Decembro 2025

Este martes 9 de decembro rexistrouse un accidente de tráfico con persoa ferida en Ribeira, na estrada AC-550 á altura da rotonda de Xarás. No sinistro interviñeron o GAEM local (Protección Civil), a Policía Local, 061 urxencias médicas, o Parque de Bombeiros de Ribeira e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Segundo informaron, a persoa ferida e trasladada ao Hospital do Barbanza era o acompañante dun dos dous vehículos implicados, un Dacia Sandero. O sinistro rexistrouse a media tarde, sobre as 17.00 horas, logo de que un Volvo XC40 procedente de Carreira quedase ao parecer sen freos e chocase contra a marquesiña de buses e logo contra o devandito Dacio Sandero. Ningún dos dous condutores resultou ferido nin mancado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.