Os nove espectáculos do Outono Cultural da Pobra reuniron 1.600 espectadores

15 Decembro 2025

A Pobra despediu este domingo 14 de decembro o seu Outono Cultural cunhas cifras que reafirman o asentamento deste programa municipal. Tanto é así, que tal e como explica a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, entre os meses de outubro e decembro celebráronse “un total de nove espectáculos que lograron reunir 1.600 persoas asistentes”. Trátase dun número que confirma, como incide a concelleira, “o interese da veciñanza polas artes escénicas”.

A Orquestra de Cámara Galega

O Outono Cultural incluíu preto dunha decena de funcións e actividades de teatro, música e danza. A programación arrincou a finais de outubro con Guerra, da compañía Teatro do Noroeste, e pechouse da man da danza teatral Od(i)osa, de Proxecto Morriña. Ao longo das semanas non faltou o teatro, con representacións como como As gardiás ou o nó do Tecelán e O proceso, por exemplo. Porén, houbo tamén oco para a música grazas aos concertos da Orquestra de Cámara Galega ou á actuación de Zavala e As atalarias de Caión.

Representación de O Proceso

Todas as actividades da programación tiveron lugar no Teatro do Cine Elma ao longo dos sábados e domingos de outubro, novembro e decembro. As diferentes propostas realizáronse dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Como avanza a edil, proximamente darase a coñecer o novo programa cultural que se levará a cabo a partir do mes de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.