O Premio Fran Pérez “Narf” abre nova convocatoria cunha dotación de total 7.500 euros repartidos en tres distincións

29 Decembro 2025

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este luns 29 de decembro a convocatoria e bases da 18.ª edición do Premio Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais. O certame, consolidado en palabras da Deputación da Coruña “como unha das principais iniciativas provinciais de apoio á creación musical”, procura difundir e promover o talento artístico galego ao tempo que mantén viva a memoria e a obra do músico e dinamizador cultural Fran Pérez Narf.

Quen precise máis información tena na web no certame.

A convocatoria está dirixida a grupos e artistas musicais galegos ou residentes en concellos de Galiza que desenvolvan o seu traballo no ámbito da música pop e nas súas variantes, como o folk, o rock, o rap ou o reggae, sempre que non fosen finalistas nin gañasen o premio nos cinco anos anteriores. As propostas deberán ser orixinais e non premiadas previamente noutros certames, e cada candidatura deberá presentar un mínimo de catro temas, cando menos tres deles en galego.

O Premio Fran Pérez Narf conta cunha dotación total de 7.500 euros, distribuídos en tres premios de 4.000, 2.000 e 1.500 euros, respectivamente. Ademais, os grupos ou artistas que accedan á fase final recibirán unha indemnización de 300 euros por gastos de desprazamento pola súa actuación en directo. O xurado realizará unha preselección a partir das maquetas recibidas e decidirá os premios finais tras unha actuación ao vivo das propostas escollidas.

Belém Tajes, a última gañadora

Na última edición do certame, correspondente ao ano 2025, a artista gañadora foi Belém Tajes, que se impuxo na gala final celebrada no Salón Teatro de Santiago cun proxecto no que o xurado destacou o risco creativo á hora de tender pontes entre a música galega e a latinoamericana, así como o coidado dos arranxos e das letras. Naquel fallo, Marián acadou o segundo premio e Vimbio o terceiro, nunha convocatoria que confirmou a diversidade e a vitalidade da escena musical galega actual.

O prazo de presentación de solicitudes para a edición de 2026 abrirase o 10 de febreiro ás 08:00 horas e permanecerá aberto ata o 10 de abril ás 14:00 horas. A tramitación realizarase integramente por vía telemática a través da plataforma electrónica da Deputación. As bases completas e toda a información relativa á convocatoria poden consultarse no BOP e na sede electrónica da Deputación da Coruña.

— Bases e convocatoria da 18ª Edición do Premio Fran Pérez ‘Narf’ para grupos e artistas musicais do ano 2026

(https://bop.dqw

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.