O escritor Roberto Fernández Álvarez gaña con “A arte de non morrer” o Premio Ramón Piñeiro, convocado pola Secretaría da Lingua e Galaxia

29 Decembro 2025

A obra A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega, do médico Roberto Fernández Álvarez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, que organizan conxuntamente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega.

Así se anunciou este luns 29 de decembro nunha rolda de prensa na que o secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou esta distinción “como a máis relevante e de maior transcendencia neste xénero do ensaio para a nosa lingua”. Ademais, fixo fincapé na temática abordada, a da lonxevidade, puntualizando que “vai ter unha contribución moi útil a nivel científico e divulgativo”.

O xurado destacou sobre o texto premiado “a súa capacidade para achegar un tema de actualidade como é o da esperanza media de vida e a lonxevidade social, explicando estas realidades desde un fondo coñecemento médico especializado que afonda no bioquímico, na tecnoloxía dos alimentos e na vida saudábel”.

O premio está dotado con 3.000 euros e a obra será publicada pola Editorial Galaxia durante o próximo ano.

Médico e escritor

Roberto Fernández Álvarez (Ourense, 1967) é un médico e escritor galego. Como autor literario foi distinguido no ano 2022 co Premio Blanco Amor pola súa novela A inmoral doutora Cons. Como ensaísta, recibiu o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2017 pola súa monografía Enfermos pobres, médicos tristes.

25 anos dos galardóns

Este premio, que vai pola súa vixésimo quinta edición, convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.