A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Sanidade, Vicente Mariño, fixeron entrega este luns 22 de decembro do aguinaldo de Nadal ao equipo de carpintería da Unidade Condutas Aditivas (UCA), formado por sete integrantes, que estiveron acompañados das súas familias. A rexedora destacou o papel do alumnado deste grupo e do seu coordinador Manolo Casais, que “tantas cousas fan en beneficio da sociedade como podemos
desfrutar agora, por exemplo, cos nacementos de Ribeira e de Aguiño. Sondes todo un exemplo”.

Tamén se pronunciou o concelleiro de Sanidade, Vicente Mariño, quen sinalou ás familias como “uns piares fundamentais” no desenvolvemento das persoas que integran este equipo de carpintería.
O agasallo consiste en cadansúas cestas con produtos típicos de Nadal e unha postal felicitando as festas e o vindeiro ano. Durante a súa visita á UCA, os representantes municipais tamén aproveitaron a ocasión para comprobar co persoal os avances no inminente traspaso ao SERGAS que se fará efectivo no 1 de xaneiro do 2026.




