O BOP publica as bases de sete premios culturais da Deputación cunha dotación total de 95.000 euros

26 Decembro 2025

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou esta semana as bases de sete premios culturais convocados pola Deputación da Coruña para o ano 2026, que abranguen ámbitos como a artesanía, o cinema, a banda deseñada e a creación literaria en galego e en castelán. Todas as convocatorias abrirán o prazo de presentación o 10 de febreiro e pecharano o 10 de abril.

Entre os certames figura o 16.º Premio Antonio Fraguas de artesanía, dirixido a persoas artesás e colectivos maiores de idade nacidos ou residentes en Galicia. O premio establece dúas modalidades, artesanía tradicional e artesanía contemporánea, cunha dotación de 6.500 euros para cada unha delas.

Na mesma edición do BOP publícanse as bases do 2.º Premio José Gil de cinema en galego, destinado a impulsar a creación audiovisual en lingua galega e a recoñecer traxectorias ou iniciativas vencelladas ao sector. O certame inclúe tres modalidades, guión de longametraxe de ficción, guión de longametraxe documental e traxectoria ou iniciativa de especial relevancia no ámbito do cinema en versión orixinal galega, cun premio de 6.500 euros en cada unha delas.

O ámbito da banda deseñada está representado pola 21.ª edición do Premio Castelao de banda deseñada, dirixido a persoas autoras maiores de idade que presenten obras inéditas en lingua galega. O certame establece dúas modalidades, xeral e infantil e xuvenil, cunha dotación total de 13.000 euros, distribuídos en dous premios de 6.500 euros.

A Deputación convoca tamén a 23.ª edición do Premio Miguel González Garcés de poesía, de carácter bienal, destinado a recoñecer a creación poética en lingua galega. O certame establece un premio único dotado con 6.500 euros para obras inéditas non premiadas con anterioridade.

No ámbito da literatura infantil e xuvenil publícanse as bases da 20.ª do Premio Raíña Lupa, que busca fomentar a creación literaria en galego para o público máis novo. O premio conta con dúas modalidades, infantil e xuvenil, cunha dotación total de 13.000 euros, repartidos en dous premios de 6.500 euros.

Finalmente, o BOP publica as bases das dúas convocatorias correspondentes á 38.ª edición do Premio Torrente Ballester de narrativa, tanto en lingua castelá como en lingua galega, dirixidas a persoas autoras maiores de idade con obras inéditas e non premiadas con anterioridade. Ambos certames comparten carácter internacional e obxectivos de promoción da creación literaria e contan con cadanseu premio de 15.000 euros para as obras premiadas en cada idioma.

Xa publicadas as bases dos premios Seoane, Núñez e Ksado

A comezos deste mes de decembro xa viran a luz no BOP as convocatorias e bases doutros tres certames culturais. Trátase do Premio Luis Seoane de deseño, dotado con 6.500 euros; do Premio Internacional Luís Ksado de creación fotográfica, cun premio único de 6.500 euros; e do Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica, cun primeiro premio de 6.500 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.